As asociacións que pertencen ao Consello Municipal da Muller organizan unha Merenda en Igualdade
Por Redacción
O Concello de Marín organiza para o día 15 de setembro ás 18.00 horas na Finca de Briz, unha xuntanza na que participarán as asociacións que pertencen ao Consello Municipal da Muller para inaugurar o comezo das actividades asociativas.
Esta xuntanza estará aberta ao público e ás demáis asociacións municipais e contará coa actuación da cantautora Sheila Patricia, formada en ritmos cubanos, folk galego e música melódica.
Organizouse esta Merenda en Igualdade, baixo o lema "Construíndo camiños", co obxectivo de favorecer o intercambio de impresións e dar a coñecer o traballo que desenvolve o tecido asociativo en Marín.
Dende a Concellería de Benestar Social invítase á poboación a que participe neste acto e na merenda, para tratar de poner en común as actividades e dar a coñecer ás persoas que de xeito altruista se dedican a mellorar a vida da veciñanza, poñer en valor o seu traballo e compartir experiencias tratando de que conflúan aspectos que enriquezcan a todos.
Relacionadas:
-
A visibilización do papel da muller no deporte centrará os actos do 8 de marzo en Marín
Por Redacción |
-
O Consello da Muller busca un enfoque máis efectivo para a igualdade de xénero
Por Redacción |
-
O Consello da Muller promove o uso dunha linguaxe non sexista nos trámites administrativos de Marín
Por Redacción |
-
As matronas, protagonistas do Día Internacional da Muller en Marín
Por Redacción |