Unha furgoneta atropela unha persoa en Samieira
Por Redacción
Unha persoa resultou ferida en Poio tras ser atropelada por unha furgoneta que circulaba á altura no número 8 da Avenida de Covelo, en Samieira.
Segundo informou o 112 Galicia nada máis recibirse a alerta dun particular, pasadas as 08:30 horas deste luns, pasouse aviso aos servizos sanitarios que, tras chegar ao momento, trasladaron á persoa nunha ambulancia medicalizada.
Os axentes de Tráfico e os efectivos de Protección Civil tamén foron requiridos polo persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.