Saen a contratación as obras para converter en Casa de Cultura o vello mercado de Estribela
Por Oskar Viéitez
A xunta de goberno local deste luns aprobou o expediente de contratación da reforma integral do vello mercado de Estribela que converterá ao edificio na nova Casa da Cultura de Lourizán. O orzamento de licitación é de 545.521,32 euros e o prazo de execución é de seis meses.
A reforma integral do edificio ten o obxectivo de que pase a ser un gran centro multiusos no que as distintas asociacións veciñais e colectivos socias da parroquia compartan espazos e servizos.
O portavoz do goberno local, Raimundo González, asegurou que as características do novo centro social foron acordadas no Consello Parroquial. En función do acordado a planta baixa terá un amplo salón para acoller actividades moi concorridas e tamén dispoñerá de aseos e un almacén. Na primeira planta habilitaranse tres aulas, un despacho, unha sala de estar, un almacén e aseos.
Todo iso nuns edificios completamente accesible e enerxeticamente eficiente, destacou Raimundo González.
O recinto no futuro centro social de Lourizán terá 623 metros cadrados que non inclúen un espazo que actualmente ocupa unha carnicería que quedará cunha entrada independente ao centro comunitario.
Relacionadas:
-
Estribela estreará o seu renovado centro social a finais de ano
Por Alejandro Espiño |
-
O PP insiste en revitalizar o mercado de Estribela como transmisor da "esencia mariñeira" da parroquia
Por Redacción |
-
Xa está listo o proxecto para a reforma do centro social de Estribela
Por Sofía Fernández Fuentes |
-
De vello mercado de Estribela a novo centro social de Lourizán
Por Redacción |
-
Estribela aposta por darlle novos usos ao Centro Social
Por Redacción |