Callos para dar e tomar en Poio
Por Diego Torrado
A undécima edición da Festa dos Callos que se celebrou este domingo na Alameda da Seca en Poio volveu resultar un éxito. O día nubrado axudou a que centos de persoas achegásense ata a carpa instalada na chaira para probar os callos e outros produtos tradicionais como polbo ou sobremesas caseiras.
O evento organizado pola asociación Boureante coa colaboración do Concello de Poio permitía tomar unha ración polo prezo de seis euros co agasallo da cazola na que se presentaban a comida.
A organización preparou 1.700 racións despois de que a cociñeira principal e sete axudantes pasaran varias horas da noite deste sábado noutra carpa destinada a cociña elaborando este prato en 20 tarteiras con máis de 565 quilos de carne e 250 de garavanzos, ademais de diversos condimentos.
A Policía Local preparou un dispositivo de tráfico ofrecendo tres zonas de aparcadoiro con 600 prazas para turismos.
Relacionadas:
-
A organización da Festa dos Callos repartirá dúas mil racións na Seca
Por Almu Dapena |
-
Poio despide o verán con callos
Por Oskar Viéitez |
-
Astarot e Los Secretos fan saltar o público no preludio da Festa da Ameixa
Por Diego Torrado |
-
A Festa dos Callos prepara 1.700 racións para este domingo na Seca
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |