Concentración de apoio a Juana Rivas
Por Diego Torrado
Este sábado, a praza da Peregrina congregou un grupo de manifestantes que querían mostrar o seu apoio a Juana Rivas. A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova organizaba esta concentración contra o machismo do mesmo xeito que se fixo noutros puntos da comunidade e do Estado.
O colectivo convocante sinala que Juana Rivas é só un exemplo mediático do que a xustiza "machista" fai a diario. A agrupación feminista entende que a mocidade non pode dar as costas a esta situación na que o número de mulleres asasinadas é intolerable.
Ademais, sinalan que os menores fillos de mulleres maltratadas sofren tamén ese machismo e é necesario protexelos con garantías.
Ao acto asistiron representantes do BNG como a deputada provincial Eva Vilaverde, o deputado do Parlamento de Galicia, Luís Bará e a concelleira pontevedresa Carmen Fouces.