Cuntis instalará urnas para que os veciños escollan os festivos locais
Por Redacción
A consulta popular chega a Cuntis a vindeira semana. A través da concellería de Cultura, o goberno local quere que os veciños tomen decisións e por este motivo consultará cos habitantes do municipio cales son as súas preferencias á hora de elixir os festivos locais durante o ano 2018.
O proceso levará a cabo de dúas formas diferentes. En primeiro lugar, realizarase unha votación telemática a través das redes sociais da concellería de Cultura e de Turismo. En segundo lugar, instalaranse urnas na Casa do Concello e na Oficina de Turismo para que a veciñanza poida recoller unha das papeletas e marcar os dous festivos que consideren máis adecuados.
Entre as opcións que se presenta sen atopan o 16, 17 ou 18 de agosto, o martes de Entroido, o 11 de xullo e tamén se establece unha opción aberta para que cada votante poida realizar a súa propia achega.
A consulta iníciase este luns 11 de setembro ás 10.00 horas e finalizará o xoves 14 ás 12.00 horas. Despois farase un reconto e o resultado será trasladado ao debate do debate do pleno ordinario da corporación neste mes de setembro.
Esta consulta, segundo o goberno local, servirá de termómetro para futuras votacións nas que se buscará a participación cidadá para tomar decisións relacionadas coa vida municipal.