Quen son os Figueroístas?
Por Redacción
Para falar dos Figueroístas hai que remontarse ao ano 1798 e coñecer á figura do eclesiástico e político Manuel Ventura Figueroa, un home que negociou en Roma o Concordato de 1753 e que foi o presidente do Consello de Castela durante unha década.
Este personaxe histórico deixou no seu testamento a súa vontade de crear unha fundación para conceder bolsas de estudo e axudas aos seus parentes.
Esta fundación que se creou en 1784, un ano despois da súa morte, contou con gran popularidade en Galicia e aínda existe. Intelectuais como Álvaro Cunqueiro, Filgueira Valverde ou a nai do presidente do goberno, Mariano Rajoy, estudaron grazas a estas bolsas da fundación máis antiga en España.
Ademais, os seus descendentes conforman unha das familias coas árbores xenealóxicas máis antigos en todo o mundo e fanse chamar "os Figueroístas". Todos os anos celebran unha comida de confraternidade á que acoden diferentes membros procedentes de distintos puntos de España.
Nesta ocasión, a cita gastronómica tivo lugar no Hotel Madrid coa presenza de máis de 30 integrantes deste colectivo "figueroísta".