As obras de acougado de tráfico no Campiño, a partir do luns
Por Diego Espiño
Os traballos para crear itinerarios peonís en todo o ámbito do polígono empresarial do Campiño, que inclúen a instalación de lombos, iniciaranse a partir do próximo luns 11 de setembro.
Así o anunciou o goberno local este venres tras reunirse coa comunidade de propietarios do polígono.
O motivo da reunión era informar das actuacións realizadas nos últimos meses a petición dos empresarios, como a limpeza e roza de varias parcelas ou a mellora nos accesos a outra delas, e avanzar nun proxecto para mellorar a zona industrial que incluirá nos próximos meses o repintado e das zonas de aparcadoiro.
En canto ás obras de mellora da seguridade viaria nos accesos ao recinto, comezarán polo asfaltado dun tramo de rúa en malas condicións e seguirán coa instalación dos pasos de peóns elevados, que contarán cunha plataforma máis grande do habitual para facilitar o paso dos camións cara as diferentes naves do recinto.
Con esta medida o Concello pretende acabar coas carreiras e as quedadas para realizar manobras de condución temerarias detectadas en repetidas ocasións na zona, especialmente en fin de semana.
Relacionadas:
-
Xa están instalados os lombos no polígono do Campiño para evitar as carreiras ilegais
Por Redacción |
-
Catro novas obras, en marcha a próxima semana en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O PP leva un "zasca" cos lombos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Lombos e itinerarios peonís para acabar coas carreiras no Campiño
Por Alejandro Espiño |
-
A Garda Civil disolve unha concentración ilegal de vehículos no Campiño
Por Redacción |