Chega a Pontevedra o segundo congreso galego de adopción
Por Redacción
O próximo venres 15 e sábado 16 de setembro terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra o segundo Congreso Galego de Adopción. Cun horario de 9:00 a 20:00 contará con numerosos ponentes que relatarán e explicarán diferentes aspectos do proceso de adopción.
Tamén o vindeiro domingo 17 de setembro levarase a cabo una xuntanza de familias adoptivas a partires das 11:00 da mañá ate as 20:00 da tarde. Ambos actos están organizados por Manaia, Asociación Galega de Axuda á adopción.
Despois dun primeiro congreso que os organizadores valoraron coma un éxito, Manaia cumpre a súa promesa de facelo bianual e, ainda que un pouco máis tarde do desexado, voltan con forzas renovadas para organizar este nova cita congresual.
En Manaia consideran que "a mellor maneira de axudar ás nosas nenas e nenos, presentes e futuros, segue a ser o compromiso coa información veraz e a formación de calidade para todas as persoas que, nalgunha medida, nos enfrontamos ao reto de ofrecerlles un mundo mellor".
Este ano, cheo de cambios na asociación, queren reflexionar sobre as expectativas xeradas arredor do eido adoptivo e confrontalas coas realidades que, tanto aos nenos como as familias e os técnicos e profesionais, atopan no seu día a día. Din que as administracións, os servizos sociais, a escola e a sociedade en xeral teñen que coñecer estas realidades para mellorar o xeito na que actúan, "de forma que a adopción se converta realmente nunha verdadeira medida de protección á infancia".
Repítese o deseño do congreso cun formato dinámico e unha temática diversa, pensando, non tanto en ofrecer solucións concretas, senón en xerar reflexión respecto da figura da adopción.
XUNTANZA DE FAMILIAS ADOPTIVAS
Manaia organiza esta xuntanza coa fin de ofrecer aos nenos un espazo de xogo e diversión onde as diferenzas sexan a norma.
De 11:00 a 20:00 horas organizaranse obradoiros musicais, artísticos, contacontos, cine, outras actividades, mentres as nais e pais contarán cun lugar onde gozarán deste día tan especial. É preciso incribirse.
Relacionadas:
-
RADIO.- "Hai que protexer á infancia para non necesitar protexerse da adolescencia"
Por Marisa Ciordia |
-
As "expectativas e realidades" da adopción, a debate no Pazo da Cultura
Por Diego Espiño |
-
As adopcións están a cambiar: os tempos de espera pasaron de 6 meses a 30 anos
Por Elsa Juliá Sánchez & Cristina Saiz |
-
Un documental sobre as primeiras 'chinesas españolas' proxectarase o sábado no Teatro Principal
Por Redacción |
-
Unha nai de aluguer e un pai que recorreu a este sistema de reprodución contarán as súas experiencias en Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra analizará as novas perspectivas abertas dez anos despois do 'boom da adopción'
Por Redacción |