Sogama entregará composteiros en Campo Lameiro
Por Redacción
Sogama, a petición dos concellos pontevedreses de Redondela, Covelo e Campo Lameiro, entregará un total de 150 novos composteiros domésticos coa idea de satisfacer as necesidades veciñais e difundir as prácticas de autocompostaxe en novas vivendas. O principal requisito é que os demandantes residan en vivendas unifamiliares e que conte con terreo, xardín, horta ou terras de cultivo.
Xa son 73 ás entidades pontevedresas adscritas ao programa de compostaxe doméstica da Sociedade Galega do Medio Ambiente, entre as que se atopa 36 concellos, 33 centros educativos e catro colectivo sociais.
Cada un dos recipientes para elaborar o compost conta cunha capacidade para 360 litros e todos foron fabricados con materiais reciclados e reciclables. A compañía pública tamén ofrece tarefas educativas impartindo cursos de formación presencial aos usuarios.
Con estas iniciativas búscase obter un compost de boa calidade que cumpra cos requisitos establecidos pola lexislación vixente e que poida ser aplicado na agricultura con garantías.
A autocompostaxe leva importantes vantaxes para a protección do medio ambiente xa que ao pechar o ciclo da reciclaxe da fracción orgánica en orixe redúcese a frecuencia da recollida e transporte de lixo e, por tanto, redúcense as emisións de CO2 á atmosfera.
Relacionadas:
-
A compostaxe chega a 65 novos fogares de Vilaboa e Cambados a través de Sogama
Por Redacción |
-
Javier Domínguez visita en Pontevedra o trailer expositivo da campaña "Oportunidades Galicia"
Por Mónica Patxot |
-
Bueu entrega composteiros individuais de Sogama
Por Redacción |
-
Estudantes da Escola de Forestais coñecen o funcionamento de Sogama
Por Redacción |