Inserción laboral a través da vendima
Por Redacción
A Fundación Amigos de Galicia está a levar a cabo o programa de inserción laboral con integrantes deste colectivo aproveitando a campaña da vendima. Trátase do quinto ano en que se desenvolve esta iniciativa que ten como obxectivo integrar no marco laboral sobre todo a mulleres en risco de exclusión social con menores a cargo, perceptores da RISGA e persoas desempregadas de longa duración.
Os traballos desenvólvense nunha adega de Cambados que supón unha axuda extra que para moitos destes participantes axuda a facer fronte aos gastos do inicio do curso escolar.
A Fundación está a executar o programa de orientación e inserción laboral para persoas derivadas dos servizos sociais do Concello de Pontevedra. Os usuarios inician a xornada ás 09.30 horas e traballan oito horas diarias, con descanso para o xantar.
Amigos de Galicia asume o gasto de desprazamento dos usuarios durante os días de vendima, así como a comida e as tesoiras que empregan para cortar os acios.