Carme da Silva responde ao PP que o plan de compostaxe está en marcha
Por Redacción
A concelleira Carme da Silva respondía este mércores ás críticas efectuadas polo Partido Popular, a través do seu portavoz Jacobo Moreira, sobre a paralización na que se atopa o plan de compostaxe.
A responsable da xestión de residuos aclarou aos integrantes do PP que os dous colectores que están na nave de Campañó son unha mostra de dúas empresas que optaron á concesión do servizo de recollida e tratamento dos residuos. Insistiu en que alí non se atopan almacenados colectores comunitarios como afirma que deron a entender os representantes do grupo municipal do Partido Popular.
Da Silva indicou que esta mesma semana levará a cabo unha reunión na que se formalizará a técnica de Medio Ambiente que se encargará de establecer os criterios na xestión dos colectores no municipio.
Sinalou que ao longo deste mes está previsto que arranquen todos os traballos para fixar as bases deste proxecto, aínda que a concelleira evitou pronunciarse sobre os prazos da posta en marcha de todo o plan de compostaxe.
Relacionadas:
-
25 centros comunitarios de compostaxe darán servizo a 4.600 veciños de Monte Porreiro
Por Alejandro Espiño |
-
O PP denuncia "falta de rumbo" na implantación da compostaxe
Por Redacción |
-
O concello distribuirá 8.000 composteiros entre as vivendas unifamiliares con horta
Por Oskar Viéitez |
-
O PP pregunta polo plan de composteiros comunitarios ao levar medio ano parado
Por Redacción |