Marea Pontevedra quere que o sábado da Feira Franca sexa festivo local
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal de Marea Pontevedra vai defender na vindeira Comisión de Cultura e Benestar que o sábado da Feira Franca de 2018 sexa declarado festivo local, en detrimento dalgún dos días escollidos como festivos os últimos anos.
Marea Pontevedra cre que, agás no caso da hostalería, a facturación do resto de sectores durante a propia xornada da festa "grande" non compensa en moitos casos a apertura dos establecementos, de maneira que a súa Feira Franca, con vendas moi importantes, é a de todos os días previos.
Argumentan que no mesmo sábado da Feiraa Franca, en cambio, o feito de teren que abrir o único que fai é impedir que un bo número de veciños poidan gozar en toda a súa extensión dun dos eventos máis importantes de Pontevedra.
Dado que se trata dunha das festas máis importantes de Galicia, que durante a súa celebración apenas é relevante o beneficio económico de moitos establecementos e dado que a súa apertura priva a un gran número de veciños de gozares desa data, o grupo municipal de Marea Pontevedra vai facer esta petición.