Nova iluminación para a praia de Silgar
Por Redacción
A praia de Silgar xa conta con nova iluminación. Este martes levábase a cabo a inauguración e o primeiro encendido oficial das novas luminarias, aproveitando a celebración das festas patronais de Santa Rosalía de Sanxenxo.
O goberno local contratou este traballo á empresa Quencher Solutions co obxectivo de achegar unha mellor luminosidade na contorna da praia.
Ademais, utilízase a tecnoloxía led na nova instalación para garantir aforro enerxético.
Desde o goberno de Telmo Martín apúntase a que coa nova iluminación tamén se incrementa a seguridade nesta zona e se ofrece unha perspectiva moito máis atractiva da coñecida praia da vila turística.