Vertedura no río Gallo por unha avaría na rede de augas
Por Redacción
O Concello de Cuntis levou a cabo nas últimas horas a reparación dunha vertedura puntual na rede de saneamento do municipio, na ponte da Nacional 640 na saída do centro urbano.
A vertedura rexistrouse na canle do río Gallo. Operarios do Concello procederon á reparación en canto o goberno local tivo coñecemento da incidencia.
Os técnicos municipais comunicaron o problema a Augas de Galicia xa que, segundo a información facilitada polo Concello de Cuntis, a fuga detectábase nunha zona na que se están desenvolvendo obras de limpeza e drenaxe do río.
Segundo o goberno local, estes traballos serían os causantes da avaría na rede.