O Concello aclara os pregos do contrato da auga para garantir a continuidade do persoal
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno local aprobou esta semana unha aclaración dos pregos da xestión integral do ciclo da auga relativos á continuidade do persoal.
Segundo explicou o concelleiro responsable da área, Raimundo González, con esta aclaración dos pregos técnicos "ofréceselle unha maior garantía para que as empresas manteñan o persoal actual e tamén para garantir os dereitos laborais e sindicais adquiridos".
Na redacción actual do prego técnico non quedaba suficientemente clara esta condición.
O portavoz explicou que esta aclaración non debera supoñer unha demora substancial dos prazos de aprobación dos pregos, dado que aínda non se tiñan publicado nin no BOE nin do DOGA. A exposición pública comeza a contar unha vez publicado en todos os boletíns oficiais nos que é obriga.
Este mesmo martes enviáronse con carácter urxente a todos os boletíns, polo que non está previsto que esta aclaración afecte aos prazos de publicación dos pregos.
De todos os xeitos, Raimundo González aclarou que, se finalmente influíra nos tempos do proxecto, estaría xustificado dado que "o máis importante é garantir os dereitos laborais e sindicais dos traballadores", que son arredor de 60.
Relacionadas:
-
Dez empresas, entre elas dúas de Pontevedra, optan ao novo contrato da auga
Por Alejandro Espiño |
-
Marea aposta por prorrogar o contrato da auga para avanzar na súa remunicipalización
Por Oskar Viéitez |
-
As empresas interesadas no contrato da auga visitan as infraestruturas hidráulicas de Pontevedra
Por Redacción |
-
O PSOE insta o goberno local a paralizar a privatización da xestión do abastecemento de auga
Por Oskar Viéitez |
-
Paso definitivo para as empresas poidan presentar ofertas ao novo contrato da auga de Pontevedra
Por Redacción |
-
O PSOE considera que o BNG debe explicar os motivos de manter a auga privatizada
Por Redacción |
-
A nova empresa da auga deberá investir, como mínimo, 13 millóns no saneamento do rural
Por Alejandro Espiño |
-
Completar o saneamento e o abastecemento de auga no rural, cifrado en 56 millóns de euros
Por Alejandro Espiño |