RADIO.- Dale la vuelta: "hoxe en día, que falen ben dun é para estar moi agradecido"
Por Marisa Ciordia
A desconfianza, a falta de empatía, a queixa constante... fan que a mirada cara aos demais sexa negativa, que os prexuízos afloren e se distorsione a realidade.
Neste Dale la vuelta, con María González, "chequeamos" que sucede para que, aínda que en clave de humor como mostran dous anuncios publicitarios actuais, se viva cada vez con máis prexuízos e maledicencias cara aos demais.
Deixar de ser "persoas tóxicas" para pasar a ser felices coa contorna e un mesmo, non é tan complicado. E abandonar estereotipos e discriminacións, tampouco.
Neste programa de PontevedraViva Radio, María González lembra que facer para conseguir ese cambio de crenzas e obter o resultado que se quere ter para "instalarse no benestar".