As excursións seguen en setembro
Por Redacción
Acabouse agosto pero a actividade vacacional continúa.
Por exemplo, o pasado sábado a Asociación Veciñal VIA XIX de Santa María (Caldas de Reis) organizou divertido paseo en colaboración coa Deputación. Nunha xornada festiva asistiron ao Parque Nacional das Illas Atlánticas e ademais visitaron o conxunto histórico de Vigo.
A súa presidenta, María del Carmen Doval, comenta que "os veciños se mostraron encantados coa experiencia e mostráronse entusiasmados de que se repita outra no prazo máis breve posible". Destacou tamén "a bonita xornada de convivencia entre os veciños que asistiron, na que non faltaron os cánticos e o bo humor".
Por outra banda un grupo de 150 veciños de Ponte Caldelas gozaron da cidade de A Coruña dentro dunha nova saída do programa municipal "Caldelas Viaxa", con paradas especiais no castelo de San Antón, torre de Hércules, igrexa de Santiago, praia de Riazor, praza de María Pita e mirador do monte San Pedro.
A saída contou coa anécdota da celebración do 40 aniversario da parella formada por Bernardino e María Xosé, así como o aniversario de Pepe, un dos veciños máis coñecidos de Ponte Caldelas por ter rexentado a churrasquería e a discoteca durante moitos anos. Á fronte da expedición atopábase, como é costume, o alcalde, Andrés Díaz.