O PP pide solucións ao "grave problema do estacionamento de Combarro"
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular de Poio pide solucións ao "grave problema do estacionamento de Combarro".
O concelleiro do PP Tucho Muíños pide que se aproveite a tempada baixa para planificar e evitar "un colapso que prexudica a veciños, negocios e visitantes".
Urxen ó concello a estudiar as medidas propostas polo PP como os leirapark e apuntan que "quedou demostrado que o plan de tráfico que propuxemos era necesario, pero non só durante os eventos".
Muíños advirte que se o Concello non atopa zonas de aparcamento "os propios eventos poden transformarse nun problema para os negocios" e recorda que durante os eventos "clientes con reserva, ante a falta de estacionamento, acaban por anular a reserva e marchar".
Relacionadas:
-
Poio leva tres meses esperando a resposta de Portos á súa proposta para os aparcadoiros en Combarro
Por Oskar Viéitez |
-
Poio habilitará un total de 95 novas prazas de estacionamento no núcleo urbano de Combarro
Por Oskar Viéitez |
-
Plan especial de tráfico e seguridade para a Festa do Mar
Por Redacción |
-
O PP recomenda alugar fincas particulares en Combarro para facer "leiraparquins"
Por Oskar Viéitez |