Campelo cumpre 30 anos exaltando a ameixa
Por Redacción
O próximo 15 de setembro Campelo celebrará o trinta aniversario da Festa da Ameixa.
A carpa gastronómica abre ese día ás 20.45 horas na praza da Granxa coa tradicional homenaxe ás mariscadoras xubiladas durante este ano e a entrega de premios do primeiro concurso de fotografía deste evento. O grupo folclórico Vides Novas e a Escola de Acordeóns de Campelo ambientarán musicalmente esta primeira xornada.
O sábado a Escola de Música tradicional, de novo Vides Novas e o grupo Folk Lembranzas moañesas son os artistas invitados. Ademais comezará o certame de Canción Mariñeira e pola noite haberá verbena coa actuación da orquestra Ritmo Joven, que actuará despois da tirada dos fogos artificiais programada para as 23.30 horas.
O domingo actuarán a Banda de Música de Arcade, a Escola de Música Tradicional e Os Antonis e xa pola noite poñerán o peche á festa os integrantes do certame de corais e as cantareiras Madiva Leva de Meis.
Relacionadas:
-
A Ameixa non ten rival en Campelo
Por Diego Torrado |
-
Campelo despachará racións de ameixa a 6,50 euros con arroz e 8,50 á mariñeira
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Astarot e Los Secretos fan saltar o público no preludio da Festa da Ameixa
Por Diego Torrado |
-
Habilitan mil prazas de aparcadoiro en Campelo para os asistentes ao festival e á Festa da Ameixa
Por Oskar Viéitez |
-
Poio recupera o Festival da Ameixa con Milladoiro, Los Secretos e Astarot
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |