Pontevedra e Poio, na axenda de Oportunidades Galicia
Por Redacción
A campaña autonómica "Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor" continúa o seu itinerario pola comunidade e chegará en próximas datas a varias localidades da provincia de Pontevedra. É o caso de Pontevedra e Poio.
En Poio a Aula móbil chegará o día 4 de setembro a Combarro de 15:00 a 19:00 e os días 15, 16 e 17 o "Street Marketing-Tráiler" irá a Pontevedra, en concreto ao tramo final Benito Corbal-Praza da Ferrería.
Axudados por soportes divulgativos, os educadores ambientais ao servizo desta iniciativa intentarán captar a atención de veciños, turistas e visitantes para explicarlles as vantaxes ambientais, económicas e sociais que supón cooperar de forma decidida na xestión sostible dos residuos municipais.
Desta forma, e tras analizar conxuntamente a problemática que trae consigo a elevada produción de lixo, os cidadáns recibirán instrucións sobre como minimizar os negativos efectos deste fenómeno e como colaborar no sistema a través da estratexia dos tres erres: consumindo de forma responsable e reducindo a xeración de refugallos; impulsando a reutilización dos produtos ata esgotar a súa vida útil; e segregando os residuos por tipoloxías a fin de depositar cada fracción no contedor correspondente como xesto indispensable co que garantir o seu posterior reciclado.
Relacionadas:
-
Bueu entrega composteiros individuais de Sogama
Por Redacción |
-
Os bañistas de varias praias pontevedresas recibirán educación ambiental
Por Oskar Viéitez |
-
Un colexio de Vilanova, campión do programa Recíclate con Sogama
Por Redacción |
-
Bará insta á Xunta a estender o plan compost da Deputación a toda Galicia
Por Redacción |