Evacúan en helicóptero un madereiro de Campo Lameiro ao ser atacado por avespas velutinas
Por Redacción
Un madeireiro tivo que ser evacuado no helicóptero medicalizado do servizo de Emerxencias do 112 con base en Santiago tras ser picado por avespas velutinas na parroquia de San Isidro de Montes, en Campo Lameiro.
Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o home atopábase mareado tras sufrir múltiples picaduras dos insectos. Un particular alertaba ao centro do 112 Galicia ás 16.40 horas e inmediatamente un helicóptero dirixiuse a este municipio para trasladar á vítima a un centro hospitalario.
Desde o 112 informouse tamén ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil, ao GES da Estrada e á Policía Local e Protección Civil de Pontevedra.
Desde a Consellería do Medio Rural lémbrase a calquera persoa que detecte un niño destas avespas, que o comunique a través dos teléfonos 012 ou 112 para que persoas especializadas realicen as actuacións precisas coa fin de retirar ou neutralizar o niño.