O Concello de Cotobade investirá 110.000 euros en mellorar os camiños de catro parroquias
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade vai investir un total de 110.000 euros na primeira fase do Plan de Mellora de Camiños 2017, que beneficiará inicialmente a catro parroquias do territorio de Cotobade. En concreto, as obras realizaranse en Famelga, Pazos de Borela, Valongo e Vilanova de Tenorio.
As actuacións consistirán na pavimentación en formigón das rúas e accesos ao núcleo de Famelga cun investimento de 25.985 euros; o saneamento e asfaltado de camiño en Pazos de Borela cun orzamento de 22.053 euros; o acondicionamento e asfaltado dos camiños de Casanova e O Quinteiro, en Valongo, cun custe de 25.200 euros; e a instalación de entubado de augas pluviais, acondicionamento e asfaltado da vía de Lamela e do acceso ao núcleo de Vilanova, cunha dotación de 36.671 euros.
Estas obras, que saíron a concurso en catro lotes, contan cun prazo de execución máximo de dous meses.
A mesa de contratación do Concello de Cerdedo-Cotobade vén de reunirse para analizar as distintas ofertas empresariais despois de que os servizos técnicos municipais baremasen todas estas propostas e emitisen un ditame inicial de adxudicación, que se confirmará nos vindeiros días se non hai ningunha dificultade nesta tramitación administrativa.
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, explicou que se trata de catro actuacións "moi necesarias no plan de actuación de mobilidade do goberno local, que pasa por ter as vías de comunicación nas mellores condicións, xa sexa actuando directamente sobre as da nosa competencia, como é este caso, ou ben reclamando e xestionando o seu arranxo coa administración titular das mesmas".
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade acondiciona as estradas do lugar de Vilanova
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade recibirá este ano máis de cen mil euros da Xunta para mellorar camiños rurais
Por Oskar Viéitez |
-
Arranxan catro camiños en Borela
Por Redacción |
-
Este próximo setembro comezan as obras de humanización urbana en Tenorio
Por Redacción |
-
Medio Rural presenta as axudas para mellorar camiños rurais
Por Oskar Viéitez |