Ponte Coqueta despide a súa segunda edición cunha animada xornada 'vintage'
Por Redacción
Despois dunha semana de conferencias, cinema ou obradoiros infantís, a segunda edición de Ponte Coqueta puxo o seu broche final cunha feira 'vintage' na praza de Curros Enríquez.
Durante toda a xornada a céntrica praza lembrou aos anos 20 grazas aos postos instalados, disfraces dalgúns dos participantes e ás actividades programadas, que incluían desde contacontos ata unha demostración de swing e lindy hop e clases de baile.
Todo iso estivo amenizado ademais por varias actuacións musicais, como a de The Soul Breakers á hora do vermut e a que poñía fin á velada, Three on de Beat - Gallaecia Small Band, xa en horario nocturno.
A segunda edición de Ponte Coqueta arrancou o pasao 21 de agosto cunha programación centrada nun eixo temático: cinema e mulleres.