O CEP Sequelo dispoñerá dun horto escolar para este próximo curso
Por Redacción
Coa vista posta no comezo do próximo curso escolar, o Concello de Marín continúa coa mobilización de obras nos centros educativos de Infantil e Primaria do municipio. Un dos colexios nos que se concluíron estas obras é o CEP Sequelo onde estiveron traballado tanto brigadas municipais como operarios dunha empresa externa.
As melloras e mantemento realizáronse en varias frontes. Na fachada principal repararon as gretas que existían e pintouse por completo. Dentro, nas aulas, arranxáronse as baixadas, liquidáronse os problemas de humidades e pintáronse paredes e teitos.
Desta forma só queda pendente nestes días habilitar un espazo que se vai a destinar a horta. No horto os escolares poderán realizar actividades e aprender a cultuvar produtos ecolóxicos. En total o investimento realizado neste centro supera os dez mil euros.