O rebentón dunha tubaxe deixa sen auga a zona de Rosalía de Castro
Por Diego Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O abastecemento de auga aos veciños que viven na zona de Rosalía de Castro, en Pontevedra, viuse interrompido na tarde deste xoves debido a unha incidencia considerable na rede de subministración.
Unha tubaxe rebentou na rúa Sebastián González García-Paz na esquina coa propia Rosalía de Castro, levantando incluso a pavimentación da rúa e deixando saír unha gran cantidade de auga que alagou por uns minutos a vía.
O suceso produciuse pouco antes das 18:00 horas, desprazándose ata o lugar axentes da Policía Local, técnicos de Viaqua e tamén o guindastre municipal para retirar os vehículos estacionados que podían resultar afectados.
Ao tratarse dunha avaría importante foi necesario cortar o servizo para evitar que se seguise vertiendo auga na rúa e a inundación do garaxe do edificio número 2 da rúa, onde se filtrou a auga pero sen chegar a producir grandes danos.
Segundo as previsión da empresa Viaqua, o servizo restablecerase este mesmo xoves ao redor das 22:00 horas.