VÍDEO.- Bailemos na zona monumental!
Por Diego Torrado
A praza de Curros Enríquez converteuse este martes nunha gran pista de baile grazas á iniciativa 'Baila na Zona Monumental', coa que o Centro Comercial Urbano Zona Monumental busca dinamizar esta zona da cidade.
A iniciativa é xa todo un clásico e contou coa colaboración dos bailaríns locais Adrián Esperón e Patricia Martínez, 14 veces campións de España de baile deportivo que, por unhas horas, convertéronse en profesores de luxo para todos aqueles veciños que se deixaron caer pola zona.
Bailaríns profesionais e afeccionados compartiron unha gran clase de baile e moita diversión. E para quen non puidese pasarse ou non se decatou da iniciativa, aínda haberá dúas oportunidades máis para aprender dos mellores.
'Bailar na Zona Monumental' terá dúas citas máis, o día 29 de agosto na praza de Méndez Núñez e o xoves 31 na praza da Verdura.