Aberto o prazo para solicitar axudas para libros de texto en Ponte Caldelas
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas publicou un bando onde se declara a apertura do prazo de solicitude de axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Permanecerá aberto ata o 25 de setembro.
Poden solicitar esta colaboración económica municipal aquelas familias que teñan a fillos matriculados nos centros educativos de Ponte Caldelas, en todos os tramos educativos, agás o correspondente ao bacharelato.
As persoas solicitantes deben cumprir os mesmos requisitos que se esixen para acceder ás axudas de emerxencia social.
As solicitudes deben presentarse nas oficinas dos servizos sociais, de luns a xoves, e de 9.30 a 14.00 horas.