O PP agarda 1.500 persoas o domingo no inicio do curso político en San Xurxo, que presidirá Rajoy
Por Redacción
A apertura do curso político do PP nacional que xa se tiña anunciado na carballeira de San Xusto, en Cerdedo-Cotobade, será finalmente este domingo 27 de agosto e agárdase a presencia de máis de 1.500 persoas, entre cargos políticos do partido e militantes.
O PP de Pontevedra confirmou este martes que o presidente do goberno e do PP nacional, Mariano Rajoy, volverá ser fiel á súa provincia e inaugurarará, un ano máis, o curso político. Tamén está confirmado que participará o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e o líder provincial, Alfonso Rueda.
O presidente do PP de Pontevedra amosa a súa satisfacción porque, unha vez máis, este acto que marca o inicio da actividade política tras o período estival se faga desde esta provincia. Asemade, destaca que a carballeira de Cerdedo-Cotobade é un enclave excepcional, o ano pasado resultou ser un sitio moi cómodo, de fácil acceso e moi céntrico para as máis de 1.500 persoas que adoitan participar.
O acto, que se prevé multitudinario, é xa un clásico na provincia. De feito, hai xa once anos consecutivos que se celebra en Pontevedra, tras pasar por Ribadumia, Soutomaior e, o ano pasado, Cerdedo-Cotobade. Rueda asegura que, de novo, porán en valor a unidade do partido.
Este ano a cita de Cercedo-Cotobade é diferente á de 2016, que estivo marcada pola celebración das eleccións autonómicas. A pesar de que en 2018 non hai ningunha convocatoria electoral, Alfonso Rueda sinala que o ritmo de traballo non cambiará e recorda que vanse convocar congresos en varios concellos da provincia de xeito que nos primeiros meses de 2018 quede completo o proceso de reestruturación que apuntou a comezos de ano e que afectará a aproximadamente a metade da provincia.
Relacionadas:
-
O PPdeG volverá abrir o curso político en San Xurxo de Sacos e confirma a presenza de Pablo Casado
Por Redacción |
-
O PP, en San Xurxo pensando en Barcelona: "Rompéronnos a alma, pero non van romper nunca o que somos"
Por Natalia Puga & Diego Torrado |
-
Rajoy repetirá na carballeira de San Xurxo para abrir o curso político nacional do PP
Por Redacción |
-
Cotobade abre o curso político do PP, por primeira e última vez?
Por Natalia Puga |
-
O PP escolle Cotobade para iniciar a precampaña, coa presenza de Rajoy e Feijóo
Por Redacción |