Catro persoas denunciadas por vender petardos sen autorización nas festas de Pontevedra e Vilagarcía
Por Redacción
A Garda Civil de Pontevedra denunciou nos últimos días catro persoas por dedicarse á venda ambulante de produtos pirotécnicos sen autorización durante as festas da Peregrina en Pontevedra e San Roque en Vilagarcía de Arousa.
No operativo, os gardas incautaron 9.310 petardos que só poden venderse en establecementos autorizados e a maiores de 12 e 16 anos, segundo os casos. Os artigos incautados son da clase I, e III que teñen unha limitación de idade para a súa venda de 12 e 18 anos, respectivamente.
A incautación máis numerosa realizouse en Vilagarcia. Os efectivos da Intervención de Armas e Explosivos da Garda Civil desta localidade localizaron seis postos de venda ambulante onde aprehendieron 7.350 petardos (artigos pirotécnicos da clase-I).
No caso das Festas da Peregrina, efectivos da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia de Pontevedra interviñeron o domingno 1.450 petardos, tamén da clase-I e outros 10 artigos pirotécnicos de clase superior III.
Os produtos incautados son de clase I e III. Os da clase I son de baixo perigo, para o seu uso tanto dentro como fóra de edificios residenciais e os da clase III teñen un perigo medio para ser utilizados ao aire libre en zonas de gran superficie.
A venda destes artificios sen autorización administrativa constitúe unha infracción grave do Regulamento de Artigos Pirotécnicos e Cartuchería, e os seus responsables poden ser sancionados con multas desde 300 ata 30.000 euros. Neste caso, foron denunciadas catro presonas, todas de nacionalidade peruana.
As intervencións de armas e explosivos da Garda Civil realizan inspeccións ao longo do ano nos establecementos de venda de pirotecnia, tanto en Pontevedra capital como no resto da provincia, intensificando estes controis nas festas populares e en datas do Nadal, que son máis proclives á utilización destes produtos.