Mirón, unha comunidade ben avenida
Por Redacción
Os veciños de Mirón, un pequeno núcleo pertencente á parroquia de Tourón, en Ponte Caldelas, celebraron a segunda edición do seu xantar popular.
A iniciativa naceu hai un ano como mostra de agradecemento dos residentes nas casas de Pozo Vedro pola súa admisión na comunidade de montes, e nesta ocasión foron case 130 os participantes.
Todos eles xuntáronse no medio dun ambiente festivo na carballeira de Mirón, nun evento ao que acudiu como convidado o alcalde, Andrés Díaz.
Pese á calor, a sombra da carballeira permitiu pasar unha animada tarde degustando as empanadas, churrasco ou doces elaborados polos propios veciños.