Trinta e tres anos de paixón moteira en Sanxenxo
Por Redacción
O porto de Sanxenxo foi escenario este venres da presentación da XXXIII Concentración Internacional Mototurística Rías Baixas, que se celebrará os días 8, 9 e 10 de setembro.
Tanto a organización, a cargo do MotoClub Amigos da Moto, como o Concello de Sanxenxo aseguraron que a súa intención para o futuro da concentración pasa por tentar que dun salto cualitativo no seu crecemento con novas e atractivas actividades.
En canto á edición máis inmediata, a do próximo mes de setembro, a programación arrincará ás 17:00 horas do venres coa apertura de inscricións, música e un espectáculo de 'stunt'.
O sábao 9 de setembro pola súa banda haberá dous pases de 'stunt' ao longo do día, música en directo e unha masterclass de zumba, mentres o domingo terá lugar a tradicional ruta polo municipio, con parada na capela da Lanzada.
A previsión dos organizadores é poder superar os 15.000 asistentes á concentración, o que supoñería segundo o Concello de Sanxenxo un impacto económico aproximado de un millón de euros durante toda a fin de semana.