Ortiz destaca a importancia do operativo policial en Caldas para obter un alixo de 60 quilos de heroína
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, destacaba este venres a operación contra o narcotráfico desenvolvida en Caldas de Reis durante as últimas horas e na que ata o momento conta con 11 detencións, despois dunha intervención coordinada entre a Udyco de Pontevedra e a da Coruña na que se aprehenderon case 60 quilos de heroína.
"Es una cantidad muy importante", afirmou Ortiz, que valorou as actuacións durante as últimas semanas contra o tráfico de cocaína e heroína. Os once detidos pasaban durante este venres a disposición xudicial en Vigo para prestar declaración ante o fiscal antidroga, Pablo Varela.
Ao longo da mañá pasaban a disposición do xulgado de instrucción número 1 de Vigo cinco homes e unha muller.
O xuíz decretaba prisión provisional comunicada e sen fianza para todos eles. Ao longo da tarde pasaron os outros cinco detidos a prestar declaración no xulgado de garda e tamén foron enviados a prisión provisional sen fianza.
O alixo é un dos máis importantes desta sustancia na provincia, pero a subdelegada indicou que non se pode falar dun repunte do tráfico de heroína en Pontevedra.
Relacionadas:
-
O xulgado finaliza a investigación sobre o alixo de 60 quilos de heroína incautado en Caldas de Reis
Por Redacción |
-
O alixo de heroína de Caldas, de 65 quilos, é o maior comisado en España nos últimos anos
Por Redacción |
-
Varios detidos e intervida unha importante cantidade de heroína nunha operación antidroga en Caldas
Por Redacción |