Atopan un dedo humano na beirarrúa en Fernández Ladreda
Por Redacción
A Policía Nacional tívose que desprazar na noite deste xoves á avenida Fernández Ladreda ante unha intervención, como mínimo, pouco habitual. Uns viandantes localizaron un dedo humano tirado na beirarrúa e requiriron a súa presenza.
Fontes oficiais da Comisaría confirmaron que, realizadas as primeiras investigacións, confirmouse que se trata dun dedo que perdera unha persoa nun accidente laboral ocorrido con anterioridade. Non transcendeu cando ocorreu ese accidente, pero si que se trata dunha persoa que se cortou varios dedos cun cortacéspede.
A persoa ferida foi trasladada ao hospital, pero, por causas que se descoñecen, un dos dedos quedou no lugar. Tempo despois, ao redor das 23.00 horas deste xoves, foi localizado no medio da beirarrúa, xerando unha importante alarma veciñal.
Dúas patrullas desprazáronse de noite ata o lugar e acordoaron a zona na que foi localizado o dedo. Inspeccionaron toda a contorna, entrevistáronse cos veciños e testemuñas e, pouco despois, abandonaron Fernández Ladreda.
O caso está a investigarse pero, unha vez relacionado o achado co accidente laboral, todo parecer próximo á súa próxima resolución.