Varios detidos e intervida unha importante cantidade de heroína nunha operación antidroga en Caldas
Por Redacción
Efectivos da Unidade de Drogas e Crime Organizado (UDYCO) de Pontevedra e A Coruña e funcionarios do Vixilancia Aduaneira están a desenvolver este xoves unha importante operación antidroga con epicentro na localidade pontevedresa de Caldas que xa deixou varios detidos.
A operación está declarada baixo segredo de sumario, de modo que apenas transcenderon detalles da mesma, tan só que os axentes realizaron un rexistro nun polígono industrial de Caldas de Reis e localizaron unha importante cantidade de heroína.
Fontes consultadas indican que hai varios detidos, pero non se facilitou o detalle de cantos e non se descarta tampouco que a cifra siga aumentando, pois a operación continúa aberta.
Relacionadas:
-
O xulgado finaliza a investigación sobre o alixo de 60 quilos de heroína incautado en Caldas de Reis
Por Redacción |
-
O alixo de heroína de Caldas, de 65 quilos, é o maior comisado en España nos últimos anos
Por Redacción |
-
Ortiz destaca a importancia do operativo policial en Caldas para obter un alixo de 60 quilos de heroína
Por Redacción | Creada e actualizada