Un mozo sofre unha posible lesión medular nun accidente na praia de Paxariñas
Por Redacción
Un mozo de 24 anos foi trasladado de urxencia ao Hospital Juan Canalejo da Coruña cunha posible lesión medular sufrida mentres se bañaba na praia de Paxariñas de Sanxenxo.
Segundo informou o Concello de Sanxenxo, o mozo, natural de Lugo, estaba cos seus amigos na praia de Paxariñas cando se meteu na auga e sufriu un accidente.
Ata o momento aínda non se concretaron os detalles do ocorrido, pero os amigos alertaron de forma inmediata do ocorrido e sacáronlle da auga. Rapidamente interviñeron os socorristas, que lle sacaron da auga e prestaron a primeira atención.
Ata o lugar desprazáronse unha ambulancia e un helicóptero de Urxencias Médicas de Galicia, que tomou terra no campo de fútbol. A ambulancia achegou ao ferido e foi trasladado ao hospital coruñés cunha posible lesión medular.