Ferido grave un home nun atropelo nun paso de peóns na Barca
Por Redacción
Un home de 51 anos resultou ferido este xoves e tivo que ser trasladado ao Hospital Montecelo tras sufrir un atropelo mentres cruzaba un paso de peóns na avenida da Barca, na súa localidade.
O sinistro produciuse sobre as 11.30 horas deste xoves no paso de peóns situado na rotonda situada na saída da ponte da Barca, xa na parte de Poio.
Un vehículo arroiou ao home cando estaba a cruzar e arrastrouno uns dous metros, de modo que sufriu un forte golpe na cabeza contra o asfalto. O home, veciño de Poio, resultou ferido grave
Segundo informou a Policía Local de Poio, aínda se está investigando a causa do accidente, pero as primeiras indagacións realizadas no lugar do sinistro apuntan a que, con case toda probabilidade, trátase dun despista do condutor do vehículo.