Marea Pontevedra propón acurtar o horario de estacionamento nas zonas de carga e descarga
Por Redacción
O grupo municipal de Marea Pontevedra considera que o "modelo de cidade" do goberno do BNG está a reducir os espazos públicos de estacionamento gratuíto en superficie. E a agrupación que lidera Luís Rei entende que este problema afecta especialmente os residentes que carecen de garaxe propio e precisan facer uso dos seus vehículos en desprazamentos cotiáns para os que, segundo Marea Pontevedra, a cidade non lle ofrece a alternativa do transporte público.
Ante esta preocupación, os integrantes do grupo municipal de Marea quere buscar solucións porque sinalan que carece de sentido manter en carga e descarga o estacionamento ata as 9 da noite. Por este motivo, propoñen reducir o horario ata as 19.30 ou ás 20.00 horas. Apuntan tamén que o tempo de servizo debe ampliarse dos actuais 15 minutos a media hora.
Desta forma, Marea Pontevedra instará á Xunta de Goberno Local a acurtar o horario de estacionamento nas zonas de "carga e descarga", salvo no centro histórico, para ampliar as posibilidades de atopar aparcadoiro libre e gratuíto.
Tamén van reclamar que se acurte o horario das "zonas de servizos", ampliando nelas o límite de tempo en quince minutos.
Indican que estes cambios deberían ser sinxelos e se podrian acometer a través da edición de dous bandos municipais.