Evacúan en helicóptero unha persoa que se atragantou na Lama
Por Redacción
Unha persoa tivo que ser evacuada en helicóptero este martes desde A Lama despois de atragantarse na parroquia de Xesta.
Segundo informou o Centro de Anteción de Emerxencias de Galicia 112, un particular alertou do ocorrido ás 15.20 horas e, dada a gravidade e urxencia da incidencia, alertouse ao helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela.
A persoa foi atendida no lugar e rapidamente evacuada ao Hospital Montecelo de Pontevedra. O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia tamén deu o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil e á Policía Local de Pontevedra.