Vilaboa instalará calefacción na casa de cultura de Riomaior a través do Plan Concellos
Por Redacción
Unha achega da Deputación Provincial a través do Plan Concellos permitirá ao Concello de Vilaboa realizar a instalación de calefacción na casa da cultura de Riomaior.
Segundo informou a Deputación, aprobouse un investimento de 46.173,71 euros da liña 1 deste programa provincial. En total, Vilaboa xa ten recibido ao longo deste ano outros 228.586,80 euros con cargo a este mesmo programa.
O grao de adxudicación do Plan Concellos 2017 en Vilaboa sitúase no 93%, o que supón que a vila xa recibiu un investimento total por parte da Deputación de Pontevedra situado en 460.693,97 euros dun total de preto de 500.000 euros.
As axudas xa concedidas están destinadas a realizar diferentes obras de acondicionamento no espazo natural protexido das Salinas de Ulló e a actuacións como a pavimentación e asfaltado de varias pistas municipais; a adquisición de maquinaria para o mantemento de infraestruturas, viarios e xardíns; a pavimentación de pistas municipais; á substitución da cuberta do lavadoiro da Bouza; e a reparacións diversas en varios colexios público do municipio.
Ademais, a Deputación concedeu outros 111.560,20 euros da liña 3 do Plan Concellos para a contratación de 10 persoas nos distintos servizos municipais da vila.
Relacionadas:
-
Seis concellos pontevedreses estarán compostando preto do 100% dos seus residuos orgánicos a mediados do 2018
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno provincial destina fondos para Vilaboa e O Grove
Por Redacción |
-
Aproban dous novos proxectos do Plan Concellos para Vilaboa e Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
A Deputación adxudica 150.000 euros á esperada remodelación do Club de Piragüismo de Paredes
Por Redacción |