Ferida uhan ciclista nun atropelo na avenida Luís Rocafort
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Unha ciclista resultou ferida e necesitou asistencia sanitaria este martes tras verse implicada nun atropelo na avenida Luís Rocafort, no centro de Sanxenxo.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, os feitos ocorreron sobre as 12.00 horas á altura dun hotel da avenida Luís Rocafort. Emerxencias de Sanxenxo engadiu que sucedeu á altura do Hotel Carlos I.
Un particular alertou ao 112 Galicia de que un ciclista fora arroiado e, acto seguido, pasouse o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, aos efectivos do GES de Sanxenxo e aos Bombeiros do Salnés.
Segundo o Concello de Sanxenxo, trátase de R.S.L,, unha mujer de 38 anos. En principio, o impacto foi leve.