Un gran espectáculo pirotécnico pon o broche de ouro ao primeiro día de festas
Por Redacción & Diego Torrado
Vistosos fogos artificiais iluminaron onte á noite o ceo de Pontevedra para poñer fin á primeira xornada das Festas da Peregrina, un día no que miles de persoas gozaron da programación preparada polo Concello para celebrar a semana grande.
O espectáculo pirotécnico, que como sempre se celebrou no peirao das Corbaceiras, atraeu a un numeroso público de todas as idades.
A empresa encargada da tirada lanzou 500 quilos de material pirotécnico que encandeou aos asistentes a este tradicional acto das festas.
A tirada durou ao redor de vinte minutos con espectaculares figuras de cores que resplandeceron sobre a desembocadura do Lérez na ría.