A chuvia desluce a Procesión del Santo Entierro e obriga a varias cofradías a retirarse dela
Á cuarta foi a vencida, pero a medias. Malia a choiva, as cofradías pontevedresas decidiron celebrar a procesión do Venres Santo, a coñecida como a Procesión del Santo Entierro. Esperaban unha melloría das condicións climatolóxicas que nunca chegou. A choiva desluciu unha procesión moi esperada. Non só porque nela reuníanse de novo todas as cofradías, senón tamén polo feito de suspenderse as tres anteriores.
"Con el día de hoy era muy difícil hacer una buena procesión", recoñeceu a PontevedraViva Ramón Peón, portavoz da Xunta Coordinadora da Semana Santa pontevedresa. "Quince minutos antes de salir cayó un chaparrón tremendo, lo que obligó a algunas cofradías a salir con los pasos cubiertos con plásticos". Ese foi un dos motivos polos que unha delas, a Cofradía de Nuestro Padre Jesús con la Cruz a Cuestas decidiu non saír.
A procesión deste Venres Santo saíu finalmente, con seis das sete cofradías, con media hora de atraso sobre o horario previsto, as 20.00 horas, da Basílica de Santa María e percorreu a Praza de España, Riestra, Oliva, García Camba, Peregrina, Soportais, Manuel Quiroga, Don Filiberto e Alhóndiga, para finalizar de novo en Santa María.
Pero o peor de todo é que durante o percorrido, a auga non deixou de caer. "Algunas cofradías al llegar a la Herrería se retiraron porque llevaban encima demasiada carga de agua", explicou Ramón Peón. "Y el resto llegamos lo más dignamente posible a Santa María". O vivido lévalle a dicir que "probablemente nos equivocamos en salir, pero también nos hubiésemos equivocado si no lo intentamos, porque la gente tenía muchas ganas".
"Probablemente nos equivocamos en salir, pero también nos hubiésemos equivocado si no lo intentamos, porque la gente tenía muchas ganas"
Ese foi quizá o problema. O feito de que a choiva suspendese as tres procesións anteriores, a Procesión de Jesús Nazareno y María Santísima da Esperanza do martes, a Procesión de la Santísima Virgen de la Soledad y Jesús Nazareno con la Cruz a Cuestas do mércores, e sobre todo a Procesión de los Pasos do Xoves Santo.
"Claramente eso nos animó a salir", dixo Peón. "Los cofrades llevaban todo el año trabajando para esto e intentamos salir por eso, para quitarnos la espinita que teníamos". Pero moito máis non podían facer. "El problema que tenemos en Pontevedra es que tenemos que montar los pasos en la calle y si llueve durante todo el día y retrasas la decisión de salir no te da tiempo a montarlos en condiciones".
En todo caso, a Xunta Coordinadora da Semana Santa pontevedresa mira ao ceo de cara ao domingo. Ese día celebrarase a última das procesións do ano, a Procesión del Encuentro de la Sagrada Resurrección de Nuestro Señor Jesucristo, nova no calendario pontevedrés. "Estaremos pendientes del tiempo y a ver qué pasa, esperemos que nos de un respiro y terminemos bien esta Semana Santa".