31 graos de temperatura enchen as praias das Rías Baixas
Por Redacción
A praia da Lanzada durante a tarde deste venres deixaba pouco espazo para poder colocar unha toalla sobre a area. Os bañistas aproveitaron o bo tempo, con temperaturas de ata 31 graos, para acudir ata a costa e refrescarse no mar.
Segundo as previsións do servizo de Meteogalicia, este sábado 12 as temperaturas continuarán en ascenso alcanzando os 32 graos de máxima. Galicia estará baixo as altas presións que co vento do norte, con intensidade moderada, manterá o ceo despexado nas Rías Baixas.
Durante a xornada do domingo prevalecerá a influencia anticiclónica sobre Galicia e espéranse ceos pouco nubrados ou despexados en xeral. As temperaturas expermientarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte.
A temperatura da auga no litoral pontevedrés situarase entre os 14 e os 16 graos durante o sábado e o domingo.