Marín lembra a necesidade de reciclar
Por Redacción
Portocelo acollía durante as últimas horas unha campaña de apoio á práctica da reciclaxe de residuos sólidos urbanos. Cunha caravana de Ecoembes atendéronse as consultas dos bañistas que se achegaron para resolver as dúbidas sobre as fórmulas para reciclar.
Ademais, a través da caravana repartiuse material didáctico, xogos para os menores e realizáronse outras actividades de concienciación cidadá. A proposta preséntase como un complemento durante este verán para o distintivo desta contorna que conta con Bandeira Azul, ademais da cualificación de Carreiro Azul para o viario das praias.
Aproveitando esta contorna, a campaña pretende sensibilizar sobre o medio ambiente e a poñer en valor os beneficios dunha paisaxe única.