A Xunta incrementará as horas dispoñibles no servizo de axuda no fogar en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez, avanzou este venres que a Xunta de Galicia volverá incrementar as horas dispoñibles no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) no concello de Pontevedra. Así, este municipio terá a súa disposición a partir de setembro 8.064 horas máis ao ano nesta prestación, chegando a un total de 79.464 horas.
Este aumento responde o reforzamento do SAF que está a impulsar a Consellería de Política Social, cun novo incremento de 1,2 millóns de horas dispoñibles para os concellos.
Deste xeito, en dous exercicios (2016 e 2017) a Xunta reforzou as horas dispoñibles en máis de dous millóns de horas e aumentado o número de beneficiarios en toda Galicia por encima do 60%, pasando das 12.899 persoas usuarias en maio de 2016 ás 20.748 que se poderán conseguir con este novo incremento.
VISITA CENTRO DE DÍA AFAPO
Fabiola García fixo este anuncio no trascurso da visita que fixo este venres ao centro de día xestionado pola Asociación Familiares de Alzhéimer de Pontevedra (AFAPO).
Estas instalacións forman parte da rede de centros públicos da Xunta de Galicia e ofertan un total de 35 prazas, que están ocupadas na súa totalidade con regularidade, e a cuxo funcionamento a administración autonómica destina este ano un total de 250.637,10 euros.
Relacionadas:
-
Clece deixa de prestar o servizo de axuda no fogar en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Sacan a concurso o servizo de axuda no fogar coa previsión de aumentar o número de beneficiarios
Por Natalia Puga |
-
Cuntis consegue un reforzo de 6.729 horas máis para o servizo de axuda no fogar
Por Redacción |
-
RADIO.- Benefactores sociais si, non, ou con condicións?
Por Marisa Ciordia |
-
Marín ofrecerá un servizo de estimulación cognitiva aos enfermos de alzheimer
Por Antía Fernández Buján |