Novo vehículo contra incendios para o Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
A Xunta entregou un vehículo contra incendios forestais ao concello de Cerdedo-Cotobade no Parque de Maquinaria da administración autonómica na cidade do Lérez.
O camión foi entregado polo delegado territorial da Xunta, Cores Tourís ao alcalde do municipio, Jorge Cubela, sendo acompañados no acto polo xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo, e do xefe do Servizo Contra Incendios, Manuel Francisco.
O vehículo conta cunha capacidade 4.000 litros, 400 metros de mangueiras, 3 lanzas, extintores, mangotes de carga para os puntos de auga, material de mantemento, espumóxenos e equipos de comunicación co novo sistema dixital Tetra.
Recentemente tamén se fixo entrega de camións similares aos concellos de A Lama e Portas, no distrito forestal XIX.
A aportación deste tipo de vehículos realízase en base ás solicitudes de cesión de réxime de propiedade dos concellos, que poden destinalos a fins de utilidade pública ou de interese social.
A intención do goberno local pasa por adicar esta motobomba a tarefas de prevención, limpeza e para o resto de operativos de Protección Civil onde se precise.