Caroi e Almofrei rivalizan coas súas verbenas
Por Redacción
Estes días coinciden en festas dúas parroquias do concello de Cerdedo-Cotobade: Caroi e Almofrei.
A comisión das Festas de Almofrei traerá ás orquestas Paris de Noia e Pontevedra para este xoves e Televisión e Miramar para o venres.
A comisión organizadora das Festas do Neno Xesús da parroquia de Caroi anunciou que se desenvolverán o venres e o sábado, 11 e 12 de agosto.
Haberá verbena coas orquestras Triunfo e D´Moda e na xornada do sábado coas orquestras La Noche e a disco móvil La Mega.