Última oportunidade para a desconvocatoria da folga de lixo en Poio
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido
Este mércores, os representantes dos traballadores de Valoriza, adxudicataria do servizo de recollida de lixo en Poio, manterán un encontro coa dirección da empresa na delegación de Vigo do Consello de Relacións Laborais coa Inspección de Traballo como mediadora. Será a última opción para tentar achegar posturas sobre a negociación do convenio colectivo e, desta forma, poder desconvocar a folga prevista para o próximo mércores 16 de agosto.
O Concello de Poio xa enviou o seu popuesta de servizos mínimos con previsión ata o mes de setembro. Ramón Vidal, secretario comarcal de UXT, e Carlos Corredoira, representante do sindicato no comité de empresa, coincidían en cualificar de excesivos estes servizos superando incluso o número de traballadores que se utilizan habitualmente para determinadas limpezas como nas xornadas de festa. Ou mesmo establecen servizo de limpeza de praias, cando ese traballo non está recollido no contrato con Valoriza e é realizado por operarios municipais.
Por este motivo, o comité de empresa presentará alegacións á proposta.
Sinalan que as posicións entre empresa e traballadores se atopan moi afastadas porque os representantes sindicais reclaman unha subida dun 5%, que se corresponde cunha paga extra en maio, despois de tres anos co soldo conxelado. Afirman que o salario base non chega a mil euros mensuais. Reclaman un incremento salario que lles equipare co resto de traballadores deste sector.
Ramón Vidal culpaba ao Concello de Poio por realizar unha contratación "deficitaria" dos servizos de limpeza e recollida de lixo por un período de 16 anos, prorrogable dous anos máis.
Carlos Corredoira asegura que no inverno se xeran ao redor de 28 toneladas de lixo, unha cantidade que se multiplica durante os meses de verán coa chegada de turistas e a celebración de actividades festivas.
Relacionadas:
-
Poio si terá recollida de lixo en agosto: un acordo de última hora desconvoca a folga dos traballadores
Por Redacción |
-
Valoriza dará unha resposta aos traballadores de Poio na véspera da folga do lixo
Por Oskar Viéitez |
-
Polémico pleno en Poio coa ausencia do PP e a protesta dos traballadores de Valoriza
Por Anxo Lourido |
-
Os traballadores do servizo de limpeza de Poio visibilizarán o seu conflito laboral no pleno
Por Redacción |
-
Ameazan con iniciar unha folga de recollida de lixo en Poio ante o rexeitamento dunha suba salarial
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |