Pontevedra é a cidade con maior índice de pobreza ancorada de Galicia
Por Redacción
Pontevedra é o municipio galego de máis de 50.000 habitantes que rexistra o maior índice de "pobreza ancorada", segundo un estudo realizado pola consultora AIS Group que analiza a situación da poboación en risco de pobreza respecto dun indicador de "pobreza ancorada" a 2009.
Isto quere dicir que en 2015 habería un ao redor dun 28% de persoas nesta localidade residindo en fogares que en 2009 considerados en risco de pobreza. Isto é un 6,5% máis do que se consideran segundo o limiar de 2015.
A pobreza ancorada observa as variacións na taxa de pobreza da poboación deixando fixo o limiar de pobreza dun ano determinado, actualizándoo coa variación do IPC dos anos do período que se quere analizar. "Deste xeito, pode comprobarse como evoluciona a porcentaxe de poboación en risco de pobreza ao longo do tempo baixo un mesmo limiar, o que dá unha idea menos relativa ou variable da situación", comenta Agustí Amorós, director de desenvolvemento de negocio de AIS Group.
Na análise realizada calculouse a taxa de poboación en risco de pobreza ancorando o limiar nos niveis de 2009, un ano en que os ingresos medios dos españois aínda non acusaran as consecuencias da crise. Ese ano a renda media segundo o INE situouse en 30.045 euros por fogar e a taxa de poboación en risco de pobreza era do 20,4%. En 2015 o nivel medio de ingresos das familias españolas foi un 15,2% inferior ao de 2009, pasando de 30.045 euros a 26.092 euros.
Segundo o estudo, os municipios que rexistran maior taxa de pobreza ancorada tras Pontevedra, son Vigo cun 27,7%, Lugo cun 27,2% e Ferrol cun 26,4%.
Con todo, o municipio galego con maior diferencia entre a de taxa de poboación en risco de pobreza de acordo ao limiar de 2015 (17,4%) e a taxa de pobreza ancorada a 2009 (25,8%) é Ourense. Isto é un 8,48% máis con respecto ao 2015, subindo á quinta posición do ránking de pobreza ancorada dos municipios galegos de máis de 50.000 habitantes.